BASES
§Poderá concorrer a este certame o alumnado matriculado no
curso académico 2013-2014 da Escola Universitaria San Pablo CEU de
Vigo.
§O tema do conto, que deberá ser inédito e estar escrito en
lingua galega, será de libre elección.
§O traballo presentado non pode ter sido premiado en ningún outro certame.
§Os traballos presentados terán unha extensión máxima de 12
follas. Presentaranse por duplicado (orixinal e unha copia en branco e
negro), escritos a ordenador ou mecanografados a unha soa cara e a dobre espazo
en papel DIN A4. Os escritos a ordenador empregarán a letra Comic Sans MS de
tamaño 12.
§Os traballos, que poderán vir acompañados de ilustracións cuxa técnica e formato tamén será de libre elección, só terán como único elemento identificativo un pseudónimo. Polo dito, non poderán ter ningunha nota e/ou inscrición que poida contribuír ao coñecemento da súa autoría. Ademais, entregaranse acompañados dun sobre pechado no que figure o título do conto e o pseudónimo utilizado. No interior do sobre incluiranse os datos de identificación do autor ou autora tales como nome, apelidos e curso.
§Os participantes poderán entregar os seus traballos na
biblioteca da Escola de Maxisterio San Pablo CEU ata o día 6 maio (inclusive) de
2014.
§O xurado estará composto por cinco membros do claustro de
profesores e da biblioteca da Escola de Maxisterio San Pablo CEU. Este
xurado concederá un único premio e poderá declarar deserto o certame se así o
considera oportuno. Así mesmo, o seu dictame será
comunicado ao gañador ou gañadora o día 8 de maio de 2014.
§ O premio, valorado en 100 euros,
consistirá nun lote de libros (elixido polo gañador ou gañadora) ou en cursos impartidos pola Escola.
§A participación neste certame presupón a aceptación das
bases.
§Todo traballo que non se axeite a estas bases será
desbotado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario