III Certame “Contos para nenos”
Escuela Universitaria CEU de Magisterio Vigo (curso 2012-13)
DÍA 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
BASES:
·
Poderá
concorrer a este certame o alumnado matriculado no curso académico 2012-2013 da
Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo.
·
O tema
do conto, que deberá ser inédito e estar escrito en lingua galega, será de
libre elección.
·
O traballo
presentado non pode ter sido premiado en ningún outro certame.
·
Os
traballos presentados terán unha extensión máxima de 12 follas. Presentaranse
por triplicado (orixinal e dúas copias en cor), escritos a ordenador ou
mecanografados a unha soa cara e a dobre espazo en papel DIN A4. Os escritos a
ordenador empregarán a letra Comic Sans MS de tamaño 12.
·
Os
traballos, que poderán vir acompañados de ilustracións cuxa técnica e formato
tamén será de libre elección, só terán como único elemento identificativo un
pseudónimo. Polo dito, non poderán ter ningunha nota e/ou inscrición que poida
contribuír ao coñecemento da súa autoría. Ademais, entregaranse acompañados dun
sobre pechado no que figure o título do conto e o pseudónimo utilizado. No
interior do sobre incluiranse os datos de identificación do autor ou autora
tales como nome, apelidos e curso.
·
Os
participantes poderán entregar os seus traballos na biblioteca do Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo ata as 20.30 horas do día 2 de abril de 2013.
·
O
xurado estará composto por cinco membros do claustro de profesores e da
biblioteca da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo. Este xurado concederá un
único premio e poderá declarar deserto o certame se así o considera oportuno.
Así mesmo, o seu ditame será comunicado ao gañador ou gañadora o día 4 de
abril de 2013.
·
O
premio consistirá nun lote de libros (valorado en 150 euros) que poderá
escoller o gañador ou gañadora nunha librería determinada polo Centro.
·
A
participación neste certame presupón a aceptación das bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario